GAÑADOR DO I CONCURSO DE MAQUETAS:

14 Xullo 2007

Xa temos o nome da última banda en incorporarse ao Dolorock do vindeiro Sábado 25 de Agosto.Trátase dos coruñeses THE VIRGINALS, que foron os gañadores do I concurso de maquetas DK 07.

 1180600626_f1.jpg

CRÓNICA DO CONCURSO:

A tarde comezou algo tensa: Sobre as 17:30, chéganos ao teléfon da asociación a seguinte mensaxe de texto(máis ou menos) “Somo los Heissel, no podemos ir porque tenemos problemas”. Nese intre quedámonos a cadros. Que se che caia unha banda a unhas horas de comenzar e sempre un pau, pero o que máis rabia nos deu foi que como a noticia foi tan precipitada, non nos deu tempo a avisar a outra das bandas que tiñamos en reserva, quedando a final con catro bandas.

Houbo que facer alguns cambios respecto aos horario dos grupos e demais, pero solventámo-lo tema sen problema.

Sobre ás once da noite, saltaron á palestra os vigueses Soul Jacket, con un potentísimo directo que a ninguén deixou indiferente. Unha hora máis tarde chegaba o turno para os ferroláns Sweet Oblivion Band que nos deleitaron cun sonido que nos transportou a través da cálida voz de do seu cantante, a principios dos 90, ao momento álxido do chamado movemento grunge. Sobre a unha da mañán subiron ao escenario Os Pablos, chegados da veciña Ribadumia, que n deixaron un moi bo sabor de boca co seu pop fresco e boas letras. Os últimos en tocar foron os The Virginals, que nos demostraron que non fai falta ser británico para facer bo pop-rock , brit-pop ou como lle queiramos chamar.

Logo da votación da organización, a cal estuvo moi rifada, decantámonos polos THE VIRGINALS, como grupo revelación para a V EDICIÓN DO DK 07, que prometemos vai ser do mellor qu evexades durante este verán. E recordade, é gratis!!!!

Un Saúdo                             Asociación Cultural “A Baralla”                          abaralla3.jpg

                                                                                                                          

Publicado na categoría DK07 | Trackback | del.icio.us | Enriba

Unha resposta a “GAÑADOR DO I CONCURSO DE MAQUETAS:”

  1. Outside di:

    Mendetz???????

    los he visto estos dias en la MTV y me molan mucho, así que allí estaré.

    Aun que ya los he visto teloneando a los Artic Monkeys en vigo.

    Un saludo.

Deixa unha resposta