AGORA TÓCAVOS A VOS! 27 agosto 2008
Posted by dolorock in : DK08, Novas , add a commentAgora que todo rematou, gustaríanos que nos contásedes que vos pareceu esta VI edición do Dolorock: dende o grupo que vos gustou máis, ata a anécdota máis graciosa que teñades desta noite; Contádenos o que queirades.
FOTOS DO DK08
Por outra banda, queremos ter a vosa visión do festival, polo que se tedes fotos, podédesnoslas mandar a dolorock (arroba) gmail (punto) com co voso comentario, e irémo-las colgando no noso recén creado fotolog.
Por último, dárvo-las gracias por acercarvos a Meis e participar na mellor edición do Dolorock … ata o de agora.
Un saúdo da Asociación Sociocultural “A Baralla”
HORARIOS dk’08 / FIRMA DE DISCOS 19 agosto 2008
Posted by dolorock in : DK08, Novas , 1 comment so farAquí tedes os horarios para o sábado 23 no Campo da feira do Mosteiro:
DK’08
APERTURA DE PORTAS AS 21H
-
THE HOMENS (22:30)
-
CATPEOPLE (23:30)
-
LAGARTIJA NICK (00:45)
-
VETUSTA MORLA (2:10)
-
X-WIFE (3:35)
FIRMA DE DISCOS:
Como novidade, dicirvos que este ano podedes coñecer aos artistas en primeira persoa, pois estarán asinando discos na zona merchandising.
Os artistas que confirmaron a firma de discos ata o de agora son: VETUSTA MORLA, LAGARTIJA NICK e os X-WIFE.
SEGUIREMOS INFORMANDO…
FESTA PRESENTACIÓN DK´08 8 agosto 2008
Posted by dolorock in : DK08, Novas , 2 comments
Invitámosvos a todos a participar na FESTA PRESENTACIÓN DK´08 que terá lugar o vindeiro Sábado 16 de Agosto en “LA FÁBRICA DE CHOCOLATE CLUB” de Vigo a partires das 22:30. O grupo invitado é WOOCAKE da Coruña. Se queredes saber mási sobre este grupo pinchade no enlace que tendes a continuación, pero podémosvos adiantar que trátase do novo proxecto de Joky (ex-Steelwood), Fernando (ex-Elephant Band), Saleta (ex-Meu) e Oscar (The Orange Soap).
Máis info en :
http://www.myspace.com/woocake
Un saúdo
Asociación Sociocultural “A Baralla”
XA ESTÁ Á VENDA AS CAMISETAS, CHISQUEIROS E CHAPAS DO DK08 27 xullo 2008
Posted by dolorock in : DK08, Novas , 1 comment so farBoas a todos!!
Como todos sabedes o DK é totalmente de balde, polo que tódolos anos poñemos á venda camisetas, chapas e chisqueiros que nos axudan a sufraga-los gastos do festival. Estariamos encantados de que nos botásedes unha man. Xa sabedes, as camisetas, chisqueiros e chapas poderédelas mercar nos establecementos de costume do Concello e tamén no propio día do festival.Xa queda menos. Vémonos o 23.

Deseño das chapas deste ano. Prezo : 1 euro c/u

Deseño da camiseta. Prezo: 8 euros c/u
Saúdos da Asociación sociocultural “A Baralla”
CARTEL PECHADO PARA ESTE ANO!! 14 xullo 2008
Posted by dolorock in : DK08, Novas , 4 comments
PRIMEIRAS CONFIRMACIÓNS! 9 xuño 2008
Posted by dolorock in : DK08, Novas , 7 commentsOla amigos, aquí tedes a primeira confirmación para o festival deste ano:
VETUSTA MORLA
CATPEOPLE
Proximamente máis…
PROPOSTAS DK08 3 marzo 2008
Posted by dolorock in : DK08, O que ti digas , 21 commentsBoas a tod@s!
Dende a Asociación estamos traballando no festival deste ano e gustaríanos saber as vosas propostas. A que bandas vos gustaría ver actuar no DK08? .
Pronto farémo-las primeiras confirmacións!!
Un saúdo.
Asociación sociocultural “A Baralla”