PRIMEIRAS CONFIRMACIÓNS!
Ola amigos, aquí tedes a primeira confirmación para o festival deste ano:
VETUSTA MORLA
CATPEOPLE
Proximamente máis…
PROPOSTAS DK08
Boas a tod@s!
Dende a Asociación estamos traballando no festival deste ano e gustaríanos saber as vosas propostas. A que bandas vos gustaría ver actuar no DK08? .
Pronto farémo-las primeiras confirmacións!!
Un saúdo.
Asociación sociocultural “A Baralla”
E AGORA QUE?
| E agora que? Despois dun ano traballando, chegou a noite do Sábado máis esperada por todos nós, e pasou o último co que contabamos. Choiva. Toda a semana sen chover e vai e dáselle por chover xusto á hora do Festival. Como comprenderedes, tiñamos un sentimento de rabia e impotencia dificil de dixerir. Ainda así, foron varios miles de persoas os que non os freou a choiva e nos acompañaron ao longo da noite. A TODOS VOS, MIL GRACIAS. Gracias por darnos ánimos e forzas para comezar a traballar xa na VI Edicón do Dk. ALGUNS DIRECTOS DO DK 07:THE GIFT Un saúdo da Asociación Cultura A Baralla |
XA FALTA MENOS!!
Este sábado terá lugar un dos acontecementos de maior relevancia do Concello de Meis:
A V EDICIÓN do Festival Dolorock 2007.
Se cando comezamos co festival, alá polo 2003, nos dín que en 5 anos íamos ter un cartel como o que temos, non o creriamos. Somos moitos os que levamos practicamente todo o ano traballando para que o vindeiro sábado todo saia a perfección. Dende a Asociación A Baralla invitámosvos a todos a que comprtades con nos a noite do Sábado que esperamos sexa do mellor do mellor do verán.Un saúdo e ata o Sábado!!!!
Asociación Cultural A Baralla.
GAÑADOR DO I CONCURSO DE MAQUETAS:
Xa temos o nome da última banda en incorporarse ao Dolorock do vindeiro Sábado 25 de Agosto.Trátase dos coruñeses THE VIRGINALS, que foron os gañadores do I concurso de maquetas DK 07.
CRÓNICA DO CONCURSO:
A tarde comezou algo tensa: Sobre as 17:30, chéganos ao teléfon da asociación a seguinte mensaxe de texto(máis ou menos) “Somo los Heissel, no podemos ir porque tenemos problemas”. Nese intre quedámonos a cadros. Que se che caia unha banda a unhas horas de comenzar e sempre un pau, pero o que máis rabia nos deu foi que como a noticia foi tan precipitada, non nos deu tempo a avisar a outra das bandas que tiñamos en reserva, quedando a final con catro bandas.
Houbo que facer alguns cambios respecto aos horario dos grupos e demais, pero solventámo-lo tema sen problema.
Sobre ás once da noite, saltaron á palestra os vigueses Soul Jacket, con un potentísimo directo que a ninguén deixou indiferente. Unha hora máis tarde chegaba o turno para os ferroláns Sweet Oblivion Band que nos deleitaron cun sonido que nos transportou a través da cálida voz de do seu cantante, a principios dos 90, ao momento álxido do chamado movemento grunge. Sobre a unha da mañán subiron ao escenario Os Pablos, chegados da veciña Ribadumia, que n deixaron un moi bo sabor de boca co seu pop fresco e boas letras. Os últimos en tocar foron os The Virginals, que nos demostraron que non fai falta ser británico para facer bo pop-rock , brit-pop ou como lle queiramos chamar.
Logo da votación da organización, a cal estuvo moi rifada, decantámonos polos THE VIRGINALS, como grupo revelación para a V EDICIÓN DO DK 07, que prometemos vai ser do mellor qu evexades durante este verán. E recordade, é gratis!!!!
Un Saúdo Asociación Cultural “A Baralla” 
PRESENTACIÓN DA V EDICIÓN DK 07 e FINAL CONCURSO MAQUETAS
O vindeiro Xoves 12 de Xullo as 19 horas, na Casa da cultura do Concello, farémo-la presentación do cartel de esta V edición DOLOROCK DK 07
Ese mesmo día, sobre as 22 horas,dará comezo a final do concurso de maquetas coas 5 bandas seleccionadas, que van a competir por un posto no festival deste ano, compartindo esceario con grupos tan importantes coma os portugueses The Gift, ou os granadinos Lori Meyers.
Convidámosvos a todos a asistir ao acto de presentación do festival e a quedarvos cononsco a disfrutar da final do concurso de bandas que promete ser de moita calidade.
Un saúdo
ESTAMOS DE ESTREA:
Se tes un grupo de pop,rock,electronica,… e che gustaría participar na V Edición do DK, esta é a túa oportunidade. Envíanos a túa maqueta e participa no novo concurso que estamos a preparar.
Bases do concurso:
1. Cada participante presentará a concurso un mínimo de tres composicións musicais en formato mp3 o CD Audio.
2. Xunto coa maqueta deberá adxuntarse una pequena biografía musical do grupo así como un teléfono de contacto e correo electrónico.
3. O repertorio musical do grupo será de cómo mínimo 45 minutos
4. As maquetas e a documentación indicada poderanse enviar en formato dixital á seguinte dirección de correo electrónico : dolorock@gmail.com, ou ben por correo postal a Asociación “A Baralla” , Rúa Cambados 18 - 36637- Mosteiro – Meis ( Pontevedra)
5. A data límite de recepción de maquetas remata o 29 de Xuño
6. Unha vez recepcionadas tódalas maquetas, os membros da asociación farán unha preselección. Desta selección sairán os participantes do I CONCURSO DE MAQUETAS 07
7. O concurso celebrarase o Xoves 12 de Xullo.
8. O grupo gañador participará de maneira remunerada coma teloneiro no DK07, o vindeiro 25 de agosto.
9. Os gastos de desprazamento dos finalistas do I CONCURSO DE MAQUETAS 07, correran a cargo da organización.
Para calquera dúbida: dolorock@hotmail.com



